Foto: Fernando Moleres

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario FD/D-13490
Clasificación Genérica Fotografía
Objeto/Documento Fotografía
Autor/a Moleres, Fernando
Título Mosteiro de Iviron
Materia/Soporte Fotografía: Papel
Técnica Fotografía: Positivado sobre papel
Dimensiones Fotografía: Altura = 56,50 cm; Anchura = 38 cm
Descripción Primeiro plano dun monxe ortodoxo do Monte Athos, este aparece vestido coa indumentaria característica destes monxes, completamente de negro coa cabeza cuberta. O fondo da imaxe é igualmente escura, de tal maneira que non se distingue a silueta do monxe do espazo no que se atopa.É un home de avanzada idade, o seu rostro e as súas mans destacan sobre a escuridade da imaxe, apréciase unha desaliñada barba branca. Mantén a cabeza e a mirada cara abaixo, mentres que coloca unha man sobre a outra.
Contenido Monxe ortodoxo.
Datación 2006
Lugar de Procedencia Monte Athos
Lugar Específico/Yacimiento Mosteiro de Iviron
Clasificación Razonada O mosteiro de Iviron sitúase na costa oriental da subpenínsula de Athor. Foi fundado por Juan Tornikos e o seu fillo Eutimio, pertencentes á familia Iberia, no ano 979. Ambos foron discípulos de San Atanasio, levantaron este mosteiro para acoller aos monxes provenientes de Xeorxia.
O monacato do Monte Athos caracterízase pola preservación das normas e tradicións que teñen a súa orixe na Idade Media. A comunidade vive ao redor dunha estrita disciplina onde se prima o valor da oración e as actividades que garanten a autosuficiencia. Aínda que dependendo do mosteiro póidase establecer unha orde xerárquica que garante a orde dentro da comunidade, todos os seus compoñentes manteñen a mesma indumentaria: túnica e tocado negro. Tamén é certo que existen outro tipo de túnicas en distintas tonalidades e con diversas decoracións, pero estas quedan reservadas a acontecementos e personaxes destacados dentro das celebracións litúrxicas.

Fotografía que forma parte dunha serie tomada no Monte Athos entre o 2005 e o 2010 e que foi mostrada no Museo das Peregrinacións e de Santiago no 2017 baixo o título de "Agion Oros. Peregrinación ao Monte Athos".
Agios Oros ou Santa Montaña, é o nome do estado teocrático constituído por vinte mosteiros ortodoxos que ocupan a península coñecida como Monte Athos. O Estado Monástico Autónomo da Montaña Sacra conta cunha carta estatutaria ("Kasatikós Kartis") e está recoñecida pola constitución grega.
As especiais condicións orográficas e de illamento fixeron do Monte Athos, no norte de Grecia, un lugar buscado polos monxes na procura dunha vida de renuncia e oración. É tal a súa importancia que é o territorio con maior concentración de mosteiros ortodoxos.
Forma de Ingreso Depósito por doazón
Fecha de Ingreso 08/10/2019
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6